As vivencias que un ten de pequeno quedan gravadas para sempre.
*Cando eu tiña sete anos, meu pai, un grande aficionado á Música, levoume a un concerto de piano organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo. O pianista, Ramón Luis Chao Rego, interpretou de forma maxistral unha obra que me deixou abraiada… Despois de tantos anos trancorridos, cando escoito a Danza del Fuego, de Falla, prodúceme unha grande emoción e trasládame felizmente á miña infancia…(Moito máis tarde descubrín que o fillo daquel pianista é o famoso cantante Manu Chao)
*Outro día, entre lusco e fusco, atopábame preparando no piano un estudo para a clase do día seguinte. Chegou o meu pai, entoou unhas notas e pediume que as tocara. Estivemos un chisco xogando e divertíndonos coa Música. Eu tiña tan só 10 anos…Tampouco me podo esquecer…Día 4 de Xullo… a Danza 5ª de Granados…O día seguinte, 5 de Xullo meu pai falecía repentinamente…
*Tamén teño gravada no meu corazón o Ave María da miña voda…, as cancións románticas dos anos mozos…
Por todas as miñas experiencias… eu penso:
QUE
“A Música é unha lingua universal coa que me podo entender con todos os seres do planeta”
QUE
“Cando o neno aprende a escoitar Música, aprende a escoitar as voces e os sons da vida”
QUE
“Se sabes, fai MÚSICA
Se podes, interprétaa
Se nin sabes nin podes, critícaa;pero…
Se es intelixente, GÓZAA”
María Luisa Madriñán