SOFÍA... POR QUE ?

Toda a miña longa vida profesional estivo adicada a enseñanza da MÚSICA.

Despois de moito  tempo na procura dun material (musical) didáctico que fora atractivo e interesante para as nenas e os nenos  de Galicia,  por casualidade atopei  un conto de Geofroy de Pennart que tiña que ver coa Música;  olleino con grande interese e finalmente decidín editar esta fermosa historia co texto en galego.

Embarqueime neste proxecto coa ilusión de que se obteñan excelentes resultados pedagóxicos.

O meu desexo é que se atope  neste conto un bo material didáctico  ó  que se  lle poida sacar o máximo rendimento.

“SOFÍA, a Vaca Namorada dá MÚSICA” unha divertida publicación que vai producir bos resultados educativos, tanto no campo da Música como no da LINGOA GALEGA.

Mª Luisa Madriñán
Tradutora e Coordinadora do Proxecto