SÍNTESE

Sofía vive no campo. É moi boa pianista e ten unha preciosa voz. Cada día polo serán os seus amigos e familiares disfrutan dos concertos que organiza na súa casa.

Sofía decide deixar o seu pobo e marchar cara  á cidade para participar nun concurso de Música.

Todos a despiden cheos de tristura.

Xa na cidade, percorre os locais de ensaio das orquestras intentando integrarse nelas, pero nada máis vela,  rexéitana   sen  comprobar as súas calidades.

Sofía non se frustra, non pode claudicar; ela traballou moi intensamente, ten moitísima ilusión, é constante e sabe ben que a Música que interpreta ten calidade.

Acadará o éxito?

TRÁILER